Contos pola igualdade nos colexios de Pontevedra

Trala boa acollida que a actividade ‘Somos iguais. Contos pola igualdade‘ tivo o ano pasado, a programación organizada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, chega aos colexios de Pontevedra cos contacontos ‘Na túa man. Contos pola Igualdade‘, da man e a voz da narradora Raquel Queizás.

O pasado luns 27 o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Marcón e o da EEI de Verducido foron os primeiros en gozar deste contacontos. Tras estas dúas primeiras citas, os contacontos continuarán este xoves 30 cos nenos e nenas de Infantil do CEIP Parada de Campañó e do CEIP San Martiño de Salcedo.

Ademais, xa hai programados varios obradoiros durante o mes de abril no CEIP A Carballeira, no CEIP Cabanas (Salcedo), no CEIP Xunqueira I e no CEIP Xunqueira II e en maio será a quenda dos centros de Barcelos, o Daría González García, o Vilaverde-Mourente e Ponte Sampaio.

Acción financiada a cargo dos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de
Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.