Xa está dispoñible o vídeo do Faladoiro literario feminista celebrado no Centro de Información á Muller na tarde do mércores 29 de marzo.
A charla, introducida pola concelleira de Igualdade, Yoya Blanco foi moderada pola xornalista Chus Gómez Dorrego e contou coas autoras Ana Cabaleiro López e Lorena Conde Martínez que, partindo das súas obras ‘Deixádenos remar’ e ‘Velloucas e minchas’, conversaron sobre literatura, referentes, críticas, feminismo, redes sociais, premios…