Trala boa acollida que os Contos pola igualdade tiveron o ano pasado, a programación organizada pola Concellería de Igualdade e o CIM polo 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, está levando aos colexios de Pontevedra o contacontos ‘Na túa man. Contos pola Igualdade‘, da man e voz da narradora Raquel Queizás. Aquí están as fotos dos realizados ata agora.
Acción financiada a cargo dos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de
Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.