No marco do Programa EMPREGADAS vanse levar a cabo varias actividades formativas ao longo do mes de xuño que contempla obradoiros e faladoiros sobre Creación de Empresas e Autoemprego, Empregabilidade, Xénero e Empoderamento, Fomento do Espírito Emprendedor e Aposta polo Traballo Cooperativo.
Estas actividades empezan o próximo luns 5 de xuño e realizaranse no primeiro andar do edificio do CIM (Praza José Martí s/n). Os obradoiros están destinados a mulleres residentes no concello de Pontevedra, preferentemente demandantes de emprego e os faladoiros estarán abertos ao público en xeral, ata completar aforo.
Todas as actividades son de balde e as inscricións poden facerse no teléfono 621 180 030 (de luns a venres de 9 a 12h).