Obradoiro ‘ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL’

No marco do Programa EMPREGADAS vaise realizar un obradoiro práctico sobre organización empresarial os vindeiros 12 e 15 de xuño, de 11 a 13 horas no primeiro andar do edificio do CIM (Praza José Martí s/n). Esta actividade está destinada a mulleres residentes no concello de Pontevedra con preferencia para as demandantes de emprego.

Inscricións ata o 8 de xuño no teléfono 621 180 030 (de luns a venres de 9 a 12h).