Faladoiro ‘MODELO COOPERATIVO E PARTICIPACIÓN DAS MULLERES NA XESTIÓN EMPRESARIAL’

O próximo venres 16 de xuño, no marco do programa #Empregadas, organizamos un segundo faladoiro adicado ao cooperativismo.

De novo da man de Abeluria Economía Social, neste segundo Obradoiro, introduciremos como funciona o modelo cooperativo e como as empresas democráticas facilitan a participación das mulleres na xestión. Para isto mostraremos como se organiza unha cooperativa de traballo, cales son os seus órganos de xestión, cales son as habilidades directivas precisas para poñela en marcha así como os pasos e procedementos para levala  a cabo.

Acceso libre ata completar aforo. No primeiro andar do edificio do CIM.