O próximo luns 13 de xullo, no marco dos Faladoiros do programa #Empregadas, abordaremos a importancia de actuar fronte ao acoso no mercado laboral.
O acoso sexual e/ou por razón de sexo no ámbito laboral constitúe unha expresión de violencia
contra varios dereitos fundamentais e ten un efecto devastador sobre o físico, mental e
moral das persoas, especialmente das mulleres. Ambas dúas son contrarias ao principio de igualdade de trato entre mulleres e homes e constitúen discriminación por razón de sexo. Ademais, contaminan a contorna laboral e teñen importantes efectos no clima da empresa ou entidade na que se producen.
Acceso libre ata completar aforo. No primeiro andar do edificio do CIM.