O Concello de Pontevedra inaugurou este xoves nun emotivo acto a exposición fotográfica do programa Xuntas, situada na Sala Multiusos do primeiro andar do Teatro Principal. Poderá visitarse de luns a venres ata o 15 de decembro en horario de 9.30 a 14.00.
Á inauguración asistiron a alcaldesa en funcións, Eva Vilaverde, a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, a concelleira do Partido Popular, Silvia Junco, e traballadoras do CIM xunto cun bo número de participantes e profesoras do programa.


O programa Xuntas de empoderamento feminino, dirixido principalmente a mulleres en situación de vulnerabilidade, tivo lugar no primeiro andar do CIM todos os martes entre marzo e setembro.


Durante estes seis meses as participantes traballaron na adquisición de habilidades e coñecementos para a mellora da autoestima mediante actividades de expresión corporal, teatro, risoterapia, baile, fotografía, técnicas vocais, etc. ao tempo que se favoreceu a creación de redes de apoio entre iguais.


















A programación do 25N continuará a vindeira semana. O luns 20 de novembro está previsto a lectura do manifesto no pleno municipal, cuxa redacción este ano está a cargo de ASOCIM, a asociación de profesionais dos CIM. Previamente está previsto o despregue dunha lona no balcón da casa consistorial coa imaxe da campaña gráfica, que xa se atopa na rúa a través de cartelería en escaparates e tamén nos mupis da cidade. Tamén está previsto o reparto de camisetas nas actividades programadas.