3ª edición da ANDAINA CAMIÑO VIOLETA

O Camiño Violeta é unha iniciativa de ASAMPO (Asociación de Amigos de Pontevedrada), para lembrar ás vítimas asasinadas pola violencia machista.
Trátase dun percorrido de 1,7 quilómetros marcado con frechas violetas co nome, idade e lugar onde cada vítima foi asasinada. Trátase dunha ruta adaptada que transcorre polo centro histórico de Pontevedra.


Este ano, grazas á colaboración e implicación do Concello de Poio, a senda esténdese ata o concello veciño, polo que o Camiño Violeta experimenta un crecemento considerable nesta terceira edición.
Este ano o Camiño Violeta terá lugar o domingo 26 de novembro e como novidade fíxose un báculo de madeira que leva pirografiados os nomes de todas as vítimas asasinadas este ano. Este bastón será levado ao longo do camiño por diferentes personalidades, asociacións e colectivos.

Roteiro:

  • 9:00 h. No Parque da Memoria (Poio), recepción dos participantes.
  • 9:30 h. Saída do Parque da Memoria cara ao Parque de Lourido pola senda costeira da Ostreira ata o peirao de Campelo onde enlaza co paseo da Enseada de Lourido.
  • 10:30 Chegada ao parque de Lourid onde verá unha proxección audiovisual, lectura do manifesto contra a violencia machista e actuación musical.
  • 11:15 Tres barcos da asociación Dragon Boat Galicia sairán do peirao de Lourido, encargados de levar o persoal a Pontevedra.
    Todos os camiñantes que queiran continuar en Pontevedra deberán desprazarse pola súa conta.
  • 12:00 Chegada do persoal a Pontevedra, é desembarcado na Ponte do Burgo onde o recolle a Asociación DisCamino, encargada de transportalo ata a Praza de España.
  • 12:30 O Camiño Violeta comeza en Pontevedra, seguindo o seu percorrido tradicional, rematando na Praza de España coa lectura do manifesto e clausura da terceira edición.