Alumnado dos grupos de igualdade dos IES Luís Seoane, Sánchez Cantón, Xunqueira I e Valle Inclán participou nesta nova edición do Camiño Violeta Inverso recollendo as frechas violetas co nome, idade e lugar onde foi asasinada cada unha das 52 vítimas mortais da violencia machista deste 2023.





































O Camiño Violeta é unha iniciativa da asociación ASAMPO para recordar as vítimas mortais da violencia machista e cuxa participación está aberta a toda a poboación. Consiste nun roteiro a pé demarcado con frechas violetas que se celebrou o domingo 26 de novembro.





































En colaboración con ASAMPO, desde o CIM de Pontevedra e o Consello da Muller Nova convidamos a participar aos centros de secundaria do concello nesta andaina inversa que se celebrou o luns 27 de novembro a partir das 9.30 da mañá, recollendo os indicadores violetas co respecto que a ocasión e as vítimas merecen. Nesta actividade, ademais de representantes de ASAMPO, tamén participaron o Alcalde e a axente de igualdade do CIM.







O percorrido, de 1.700 metros, foi o mesmo que o do día anterior: Praza de España, Michelena, Fernández Villaverde, Soportais, Praza da Ferrería, Paseo de Antonio Odriozola, Laranxo, Praza da Leña, Padre Sarmiento, Gregorio Fernández, Praza da Pedreira, César Boente, Serra, Celso García de la Riega, Rúa da Ponte, San Telmo, Praza do Peirao, Galera, Arcebispo Malvar e regreso á Praza de España.
Rematou coa lectura dun emotivo manifesto elaborado polos consellos da Muller Nova dos institutos participantes.