CINEFÓRUM ‘O CORNO’

O vindeiro xoves 7 terá lugar no Teatro Principal un dos principais actos do programa de actividades deste 8 de marzo: o cinefórum sobre o filme O CORNO; proxección de balde e posterior faladoiro coa directora, Jaione Camborda, a especialista en Historia do Cine e xestión cultural e socia de CIMA, Elena García Román e a concelleira de igualdade, Anabel Gulías Torreiro.

O corno fixo historia en 2023 por ser o primeiro filme galego e en galego en gañar a Cuncha de Ouro do Festival de Donostia e Jaione Camborda converteuse na primeira directora española que recibiu este galardón nos 71 anos de historia do festival, mostra de todo o que queda por avanzar no mundo do cine.

Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Apertura das portas do Teatro a partir das 20.00 horas.