Cancelada a Festa Feminista prevista para o 8 de marzo

ACTIVIDADES SUSPENDIDAS!!!

Debido á previsión meteorolóxica prevista para mañá 8 de marzo pola tarde, vémonos na obriga de suspender as actuacións musicais previstas na Praza do Concello.

A manifestación organizada polo Colectivo Feminista Pontevedra mantén a súa convocatoria para as 20.30h. saída desde a Praza de España e lectura do manifesto ao remate desde o placo de música da Alameda.