O Día Mundial da Endometriose celébrase o 14 de marzo de cada ano co obxectivo de dar a coñecer este padecimiento que afecta a unha porcentaxe da poboación feminina a nivel mundial e que altera a calidade de vida das persoas que a padecen. Calcúlase que esta patoloxía afecta ao 10% das mulleres en idade fértil, que en Galicia son arredor de 60.000 mulleres.
Que é a endometriose?
A endometriose é unha enfermidade que afecta as mulleres e caracterízase por unha dor que adoita ser máis intensa durante o período menstrual. Provoca danos no aparato reprodutor feminino, onde adoita aparecer un crecemento benigno do tecido endometrial, que ocasiona a aparición de quistes e outras malformacións nos ovarios e que nalgúns casos pode deixar á muller infértil.
Cales son os síntomas máis frecuentes na endometriose?
- A dor: Dor de regra (Dismenorrea) que non cede co tratamento habitual, Dor crónica pélvica, Dor coas relación sexuais (Dispareunia intensa) coa penetración profunda, Dificultade ao defecar (Disquecia cíclica) con ou sen rectorraxia.
- A infertilidade.
Resulta difícil dar un diagnóstico temperán desta patoloxía e isto impide que a paciente sexa tratada. É unha enfermidade crónica que ás veces tarda de sete a dez anos en ser detectada e que ata o de agora está catalogada como unha patoloxía descoñecida, que inclusive pode causar discapacidade nas mulleres que a padecen.
Mais info: https://querendo.eu/