Todo preparado xa no Teatro Principal para unha nova edición do encontro de xornalistas e columnistas mais importante do estado.

Chegamos á sétima edición sendo un evento xa consolidado e coa responsabilidade de ser fieis aos sinais de identidade deste foro: seguir pendentes da actualidade, con temáticas novas que non estiveron presentes nas edicións anteriores, mesturar rostros moi coñecidos con outros nomes que permitan descubrirlle ao público mulleres profesionais que fan un gran traballo e moi especializado nos medios, darlle protagonismo ás profesionais locais e galegas, e prestarlles atención ás comunicadoras que fan opinión a través de novos formatos que conectan coas novas xeracións (activistas e creadoras de contido en Instagram, Twich, TikTok, podcasts ou Youtube). A nosa teima é rodearnos de referentes da profesión para amosar e reivindicar o camiño andado por elas, sen esquecernos de que hai futuro, porque hai canteira.















