AS MULLERES PERIGOSAS VOLVEN AO PRINCIPAL O 14 E 15 DE MARZO

O encontro “As mulleres que opinan son perigosas” regresa ao Teatro Principal de Pontevedra os días 14 e 15 de marzo de 2025 para celebrar a súa oitava edición que reunirá quince xornalistas: María Escario, Aida Bao, Anna Bosch, Inés Martín Rodrigo, Raquel Martos, Macarena Baena, Blanca Lacasa, Raquel Rosa, Ana Marcos, Elena Reina, Olga Rodríguez, Noelia Adánez, María Hermida, María Piñeiro e Antía Yáñez

O Teatro Principal foi tamén o espazo escollido para o acto de presentación do programa desta oitava edición no que participaron as impulsoras do foro, as xornalistas Susana PedreiraDiana López Varela, acompañadas polo alcalde, Miguel Fernández Lores, o presidente da Deputación, Luis López Diéguez e a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías.

Segundo López Varela o obxectivo desta edición é poñer o xornalismo no centro, reivindicando o seu papel fundamental en tempos de sobreinformación e desinformación, volvendo á esencia deste encontro. Pegadas á actualidade, poremos o foco en asuntos internacionais, coa presencia de Olga Rodríguez e Anna Bosch, ou no xornalismo de investigación, como os abusos no cine destapados por Ana Marcos e Elena Reina.

O programa mestura profesionais de dilatada traxectoria con outras máis xóvenes ou menos coñecidas polo gran público pero con moito que contar. Así, este ano As mulleres que opinan son perigosas chegará ao centenar de comunicadoras que xa pasaron por este foro, convertíndose nunha marca de referencia do compromiso e a calidade no xornalismo de opinión, do xornalismo como resistencia feminista.

Pola súa banda, Susana Pedreira foi a encargada de detallar o cartel desta edición e os méritos das súas protagonistas, que tamén abordarán o xornalismo local, a conciliación, a violencia machista ou a identidade lésbica. 

Ao remate do evento, abrirase o prazo para a terceira edición do Premio de Opinión “Mulleres que opinan”, que permanecerá aberto ata o 8 de abril.

PROGRAMA COMPLETO: