As autoras, premiadas por “Iluminadas. A orde violeta” en galego e Alba Chaves Abelleira por “La mayor y la peor” en castelán, respectivamente, recibirán cada unha 1.000 euros
O exterior do Pazo provincial acolleu este luns o acto de entrega da terceira edición dos premios de opinión xornalística #MulleresQueOpinan, unha acción complementaria ao foro “As mulleres que opinan son perigosas” que premia os mellores traballos sobre as temáticas abordadas nas xornadas deste ano. Estes recaeron en Dores Tembrás polo artigo “Iluminadas. A orde violeta” na modalidade en galego e en Alba Chaves Abelleira por “La mayor y la peor” na modalidade en castelán.

Á convocatoria presentáronse 22 artigos, tanto en galego como en castelán, a cifra máis alta ata o momento. A condición era que neles se mencionara algunha das ponencias ou cuestións arbordadas nos relatorios do foro As mulleres que opinan son perigosas, celebrado o pasado marzo no Teatro Principal. Para ambas galardoadas esta era a primeira vez que se presentaban ao premio.
Alba Chaves aborda no seu artigo as relacións materno-filiais na Idade adulta, inspirada pola intervención de Blanca Lacasa e o xurado destacou a “sinceridade e valentía” do seu texto.
Dores Tembrás, coñecida pola súa obra poética e como editora en Apiario, gañou cun artigo no que aborda a dislocación entre a vida profesional e pública e a persoal. Ela seguiu o foro deste ano a través do streaming, “desde a cociña”, co que teceu un “fío invisible” entre o fogar e o Teatro.

Ademais das impulsoras do foro, Susana Pedreira é Diana López Varela, no acto tamén interviron a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, quen reivindicou o compromiso firme das administracións co feminismo, e o vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez, que destacou a importancia deste proxecto nun momento no que as institucións deben deixar claro “que existen crímenes machistas, violencia de género y desigualdad”.
Ambas institucións deixaron claro o seu firme compromiso co foro As mulleres que opinan.
#MulleresQueOpinan pretende promover o exercicio da opinión xornalística por parte das mulleres, así como fomentar o nacemento dunha nova canteira de opinadoras.