EMPEZAN OS VERMÚS DO PINTO E MARAGOTA 2025

Chegan de novo os agardados vermús do Programa municipal Pinto e Maragota pola Diversidade Sexual e de Xénero e non pode haber mellor plan que xuntar literatura e música.
Animádevos a acompañarnos no vermú musical que vos temos preparado para a presentación de “Askja”, de Antonio M. Fraga, a obra gañadora do IV Premio Pinto e Maragota.
Será na Festa dos Libros de Pontevedra o vindeiro domingo 6 de xullo ás 12.00 horas, na Praza da Ferraría. Ademais, contaremos coa música de saxo de Tania Zaref.