Anabel Gulías, concelleira de Igualdade, presentou este xoves no local SoulBeer o pioneiro protocolo municipal “Diversión Asegurada” contra as violencias sexuais en espazos de ocio nocturno que busca facilitar ferramentas tanto ao persoal de locais e eventos como ás mulleres para crear espazos de lecer seguros na cidade.

Nunha primeira fase xa se adheriron 13 establecementos e tres festivais celebrados en Pontevedra, amosando o seu compromiso coa igualdade. Entre os locais adheridos destacan Soulbeer, El Toro, La Gramola, Pincho Viño, Carallo 29, UFO, La Pomada, O Grifón, Chester, El Bruc, Sala Zénnet, La Pipa e La Verbena, ademais dos festivais do Orgullo, Río Verbena e Senda Fest.













O protocolo inclúe un manual práctico, materiais informativos e accións formativas, tanto en liña como de xeito presencial, cunha sesión prevista para o 13 de outubro no CIM.
Para adherirse ao protocolo, os establecementos poden enviar un correo cos seus datos a igualdade@pontevedra.eu.
Mais información: Protocolo Diversión Asegurada | IGUALDADE do Concello de Pontevedra



