Aberto o prazo de inscrición para o CURSO DE DEFENSA PERSOAL E EMPODERAMENTO co Método SAKURA da Sensei Jatsume Gaínza!
Este tipo de curso de autodefensa traballa o empoderamento físico e emocional. O taller está creado para proporcionar ferramentas útiles e doadas para o día a día co obxectivo de desenvolver e recuperar a autoconfianza, o autocuidado e a forza emocional e física necesarias para poder xerar acción en calquera situación cotiá, e mesmo poñerse a salvo de ser preciso.
Para mulleres a partir dos 16 anos
Obxectivos da activade:
- Aprender a escoitar e escoitarse desde unha perspectiva non violenta (comezando por nós mesmas)
- Coñecer técnicas sinxelas de porse a salvo en calquera situación
- Recoñecer cando sexan violentadas ou que se atopen dentro dunha situación de violencia, verbal ou non verbal
- Coñecer a forza interna que temos a partir da escoita activa e a auto-reflexión
- Desenvolver a capacidade de darse permiso para actuar
- Saber que estamos con nós mesmas
Duración: 9 horas en total (sesións de 3 horas)
- Sábado 8 de novembro, ás 10.00 h
- Sábado 15 de novembro, ás 10.00 h
- Sábado 22 de novembro, ás 10.00 h
Lugar: Sala Almofrei, Casa Azul (Rúa Sor Lucía)
Máximo 20 participantes
ACTIVIDADE GRATUITA. Tes ata o xoves 6 de novembro para anotarte! Inscricións en APUNTATE.PONTEVEDRA.GAL ou no teléfono do CIM 986 864 825
AVISO IMPORTANTE: A solicitude de inscrición non garante a praza. Porémonos en contacto coas inscritas o VENRES 7 DE NOVEMBRO para confirmar as reservas.
Terán prioridade as usuarias do CIM e as residentes no concello de Pontevedra







