O tema da maternidade, baixo unha perspectiva novidosa e personalísima, será o tema central na seguinte proposta de coloquio aberto do club de lectura feminista do CIM de Pontevedra. Trátase do poemario “Cartas de amor a un hijo que no me ama” da pontevedresa Vicky Estévez. O encontro coa autora terá lugar o 3 de marzo, a partir das 19.00 horas no CIFP A Xunqueira.
Cabe lembrar que o club de lectura feminista é itinerante, e ten como outro dos seus obxectivos, tecer redes entre as asociacións de mulleres das distintas parroquias do municipio. Iso non quita que tamén poidan asistir a estes encontros persoas que non formen parte de ningunha delas. Basta con inscribírense en apuntate.pontevedra.gal

«A nai á que un fillo lle deixa de falar non é capaz de contalo, sente vergoña. Hai que romper o tabú» Vicky Estévez


