Esta historia dun home que lembra a súa infancia xunto a un pai maltratador é a primeira obra do autor e con ela gañou a 5ª edición do Premio Pinto e Maragota, que concede o Concello de Pontevedra xunto a Edicións Xerais de Galicia
A cita é na praza da Ferrería, o domingo 5 de xullo, ás 12.30 horas e está organizada polo programa municipal pola diversidade sexual e de xénero, que impulsa a Concellería de Igualdade
A Festa dos Libros será escenario, o domingo 5 de xullo (12.30 horas), do próximo Vermú literario Pinto e Maragota, unha cita lúdico cultural enmarcada no programa municipal pola diversidade sexual e de xénero, que impulsa a Concellería de Igualdade.
Miguel Calvo Marques presentará eu libro As Esquinas, a historia dun home gai que lembra a súa infancia xunto a un pai maltratador, coa que gañou a última edición do Premio Pinto e Maragota, que convoca o Concello de Pontevedra xunto con Edicións Xerais de Galicia. É a primeira novela do autor, que é orientador educativo e membro da xunta coordinadora da Rede educativa de apoio LGTBIQ+ de Galicia.
O autor falará do libro, que contén trazas autobiográficas, e da vida con Sara Vila, escritora e xornalista, e Ana Ojea, Coordinadora da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia. A conversa será presentada pola concelleira de Igualdade, Ana Gulías.
O Vermú literario contará co acompañamento musical de Hugo Andrade Dj.
Os vermús Pinto e Maragota convertéronse, co tempo, en citas lúdico-reivindicativas da diversidade sexual e de xénero de referencia en Pontevedra e un lugar de encontro para a cidadanía en xeral.
———————
+ Info nas redes de Pinto e Maragota: Instagram, Facebook


