Aberto o prazo de inscrición para o CURSO DE DEFENSA PERSOAL, AUTOCOIDADO E BENESTAR co Método SAKURA da Sensei Jatsume Gaínza!


Este tipo de curso de autodefensa traballa o empoderamento físico e emocional. O taller está creado para proporcionar ferramentas útiles e doadas para o día a día co obxectivo de desenvolver e recuperar a autoconfianza, o autocoidado e a forza emocional e física necesarias para poder xerar acción en calquera situación cotiá. Despois do éxito da edición celebrada en 2025, desde o CIM de Pontevedra poñemos en marcha unha versión máis extensa (e intensa) desta actividade.


Para mulleres a partir dos 16 anos
Obxectivos da activade:
- Aprender a escoitar e escoitarse desde unha perspectiva non violenta (comezando por nós mesmas)
- Coñecer técnicas sinxelas de porse a salvo en calquera situación
- Recoñecer cando sexan violentadas ou que se atopen dentro dunha situación de violencia, verbal ou non verbal
- Coñecer a forza interna que temos a partir da escoita activa e a auto-reflexión
- Desenvolver a capacidade de darse permiso para actuar
- Saber que estamos con nós mesmas
Duración: 30 horas en total (sesións de 2,5 horas)
- Luns e mércores de 17:00 a 19:30 h
Lugar: Sala Almofrei, Casa Azul (Rúa Sor Lucía)
Máximo 25 participantes
EMPEZAMOS A ACTIVIDADE O LUNS 26 DE OUTUBRO!
ACTIVIDADE GRATUITA. Inscricións en igualdade@pontevedra.eu ou no teléfono do CIM 986 864 825
Terán prioridade as usuarias do CIM e as residentes no concello de Pontevedra




