Lucía Asué Mbomío Rubio (Madrid, 1981). Xornalista. Licenciada en CC da Información (Universidade Complutense de Madrid), diplomada en Guión e Dirección de documentais (Instituto de Cine de Madrid) e Máster en Desarrollo e Axuda Internacional (Universidade Complutense).
Dirixiu documentais e traballou como reporteira en Telemadrid, Antena 3 e TVE1, en programas como Madrid Directo, Españoles en el Mundo ou Aquí la
Tierra de TVE1. Tamén pasou pola Televisión de Guinea Ecuatorial, TVGE,
onde realizou varios reportaxes de índole cultural ou social e guionizou a primeira serie de debuxos animados do país. Grazas ao seu traballo, ten gravado en cerca de 40 países.
Ten unha columna semanal no periódico El País, titulada Barrionalismos e
colabora con outros medios escritos como Ctxt, Afroféminas, Mundo Negro, Negrxs magazine, Global voices e Píkara.
Ademais, ten un canal de YouTube base da súa investigación sobre
representación e construción identitaria da poboación negra en España chamado Nadie nos ha dado vela en este entierro; e fixo vídeos para o canal de BUZZFEED Lola (sección feminista e en español do medio estadounidense) nos que se centra na especificidade das mulleres negras en diversos ámbitos.
En 2017 escribiu “Las que se atrevieron”; un libro no que fala de mulleres
españolas que nos anos 60 e 70 casaron con homes negros. Ese mesmo ano, lanzou o seu primeiro documental gravado integramente co móbil , “Estás en tu casa”, no que fala do encontro entre África e a súa diáspora en Colombia. A súa intención é demostrar que a falta de equipo técnico non debe ser un obstáculo para contar as nosas propias historias.
Na actualidade, forma parte do grupo internacional de expertos
afrodescendentes Afroinnova, xestionado pola organización colombiana Manos Visibles e combina o seu labor periodístico co de docencia e divulgación en espazos coma o Festival Afroconciencia, a Universidade de Zúrich, a de León, a Complutense, a de Münster, a Oberta de Catalunya, a Escuela Diplomática de Madrid, a Universidade Autónoma de Barcelona ou a Universidade Cheikh Anta Diop, de Dakar.
En 2018 deu unha charla TedX que levou por nome “¿Existen las razas?”, en
decembro de 2017, foi escollida polo blog “África no es un país”, do diario “El País” unha das mulleres africanas máis destacadas do ano e no 2013 unha das 30 afroeuropeas segundo a lista Thompson Reuters (Lloyds Banking Group ).
Twitter: @luciambomio