A Concellaría de Igualdade revitaliza a programación de cursos organizados polo Centro de Información á Muller (CIM) facendo unha programación específica para os barrios e as parroquias do rural. As actividades, que até o de agora se realizaban na Casazul ou no Pazo da Cultura, trasládanse aos locais sociais e ás casas da cultura para achegarse a todas as persoas interesadas en participar: ben sexan homes ou mulleres.
Ofreceranse estes cursos ás asociacións veciñais que teñen vocalía da muller, polo que se impartirán en Alba, Lourizán, Lérez, Cerponzóns, Xeve, Tomeza, Salcedo, Centro Sur, Marcón, Ponte Sampaio, Campañó, Bora, Verducido e Monte Porreiro.
O programa chámase “Somos quen”.
A programación divídese en distintos bloques:
- Ponte ao día
- Alfabetización informática (mulleres)
- Ser quen na rede: internet e redes sociais (mulleres)
- Orientación para o emprego (mulleres)
- Caixa de ferramentas
- Arranxos no fogar (fontanería, electricidade, albanelería, carpintería): Mulleres (+10% homes)
- Coche a punto, mecánica do coche e mantemento: Mulleres (+10% homes)
- Feito a man
- Costura: confección e reciclaxe de prendas (Mulleres e homes)
- Cestería (Mulleres e homes)
- Sentirnos ben
- Ioga (Mulleres e homes)
- Pilates (Mulleres e homes)
- Zumba (Mulleres e homes)
- Saúde integral (Mulleres)
- PEMA: programa de estimulación mental para adultos (Mulleres e homes)
- Cociñamos á par: cociña saudable e de tempada (Mulleres e homes)
- A saúde no fogar: limpeza ecolóxica e cosmética natural (Mulleres e homes)
- Iniciación á agricultura ecolóxica e compostaxe (Mulleres e homes)
As persoas interesadas poderán entregar ao propio concelleiro do barrio ou da parroquia a solicitude antes do 15 de marzo. Para máis información: 986 86 45 98 / 649 34 64 57 (Anias)