Inicio Actividades As mulleres que opinan son perigosas – 2023

As mulleres que opinan son perigosas – 2023

As mulleres que opinan 2023 - banner

Lugar:
Teatro Principal de Pontevedra

Datas:
Venres 17Sábado 18 de marzo

Xornada presencial, retransmitida en directo vía streaming

O encontro conta con servizos de interpretación en lingua de signos

En marzo de 2018 celebramos en Pontevedra o foro que foi antesala dun 8M histórico. Aquela primeira edición de “As mulleres que opinan son perigosas” (2 e 3 de marzo 2018) naceu como un berro colectivo contra o machismo no columnismo de opinión, pero acabou sendo un foro de debate sobre xornalismo, perspectiva de xénero e o papel das mulleres xornalistas no pasado, presente e futuro da profesión. Durante dous días o Teatro Principal pontevedrés completou o seu aforo con centos de mulleres e homes que quixeron escoitar ás relatoras convidadas, columnistas galegas e do resto do Estado.

Conseguimos ser Trending Topic nacional en twitter co hashtag #MulleresQueOpinan e os vídeos almacenados na canle de youtube da Deputación e do Concello de Pontevedra suman miles de visualizacións. Son datos que confirman o éxito daquel foro que se revelou como punto de encontro necesario para visibilizar ás mulleres xornalistas e seguir reivindicando o espazo que merecen na profesión.

Máis de sesenta mulleres profesionais do xornalismo e da comunicación estiveron en Pontevedra desde 2018 e forman parte da rede “As mulleres que opinan son perigosas”, unha marca de referencia, compromiso e calidade no xornalismo de opinión. Ademais, este encontro é agora moito máis do que se propoñía na primeira edición porque nestes anos amosamos que tamén son perigosas as mulleres que informan, as que presentan, as que dirixen medios e deciden axenda, as que entrevistan, as que son correspondentes internacionais, as que ilustran e as que crean contido para redes. Son perigosas as mulleres que descobren a outras mulleres, tecen redes e fan do xornalismo unha resistencia feminista.

Pero aínda temos moito que contar. Conquistar o espazo público e mediático é tarefa fundamental da perigosidade feminina. Por iso, o 17 e 18 de marzo de 2023, cinco anos despois, volvemos ao Teatro Principal cun foro xa consolidado como cita de referencia fóra e dentro de Galicia. Nesta sexta edición escoitaremos a trece profesionais de diferentes perfís para reivindicar que estamos aquí e non hai marcha atrás porque somos necesarias.

Retrasmisións en liña

Sesión do Venres 17 de marzo - MAÑÁ

Sesión do Venres 17 de marzo - TARDE

Sesión do Sábado 18 de marzo – MAÑÁ

Sesión do Sábado 18 de marzo – TARDE

VENRES 17

HORARIO DE MAÑÁ

12:00 h Inauguración con Diana López, Susana Pedreira, Carmela Silva e Miguel Anxo Fernández Lores

112:30 h “Malcriadas e deslinguadas. A opinión centennial en clave local”. Alba Moledo Ucha, xornalista en Diario de Pontevedra

13:15 h “Activismo e influencia: responsabilidade e viralidade na opinión con perspectiva feminista para Instagram”. Sindy Takanashi, creadora de contido

14:00 h Pausa para o xantar

HORARIO DE TARDE

17:00 h “A voz dunha pioneira: 40 anos de xornalismo comprometido nas ondas galegas”
Aida Pena, xornalista na Cadena SER

17:45 h “Maternidade e poder: escravitude ou revolución”. Nuria Labari, xornalista e escritora. Opinión en El País

18:30 h Pausa para o café

18:45 h “A crítica de La Script: cine, series, premios e festivais”. María Guerra, xornalista e crítica d e cine

19:30 h “Conversacións, experiencias e humor: a noite é súa”. Mara Torres, xornalista na Cadena SER

SÁBADO 18

HORARIO DE MAÑÁ

11:45 h “Failume. As mulleres rabudas tamén opinan”. Antía Paz, xornalista. Opinión en Luzes

12:30 h “Opinar sobre o que vemos”. Paloma Rando, columnista e guionista de televisión. Opinión en El País

13:15 h “Tecnoloxía e poder: contra o futuro”. Marta Peirano, xornalista. Opinión en El País, MuyInteresante e Radio Nacional

14:0 h Pausa para o xantar

HORARIO DE TARDE

17:00 h “Voces femininas nas retransmisións deportivas”. Paula Montes, xornalista en Radio Vigo

17:45 h “A familia e outros universos narrativos”. Laura Ferrero, xornalista, escritora e guionista. Opinión en El País e La ventana da Cadena SER

18:30 h Pausa para o café

18:45 h “Ni por favor, ni por favora. Como falar (e escribir) con linguaxe inclusiva. E punto”. Clase maxistral. María Martín, de @generoenaccion

19:30 h “Información, feminismo e liberdade arredor domundo”. Rosa María Calaf, xornalista e correspondente internacional de TVE

Aida Pena

Aida Pena

Aida Pena, é todo un referente da radio en Galicia. Foi directora de contidos e informativos da Cadena SER en Galicia ata o 2022, ano no que se xubilou. Nesta emisora desenvolveu a meirande parte da súa dilatada carreira profesional durante máis de tres décadas. Nos últimos anos dirixiu e presentou programas informativos e de entretemento, sumándose a unha longa experiencia como cronista parlamentaria.

En 2013, o equipo que encabezaba obtivo o premio Ondas á mellor cobertura informativa polo traballo realizado durante a traxedia de Angrois, un recoñecemento que tamén conseguira pola cobertura do Prestige. Foi responsable de información política na Cadena SER e na Cope, neste caso, durante tres anos. Nos inicios da súa carreira traballou en Ondas Galicia e en Los 40 Principales.

Recentemente recibiu o Premio SERenidade a toda unha traxectoria. Os seus compañeiros de La Ser chámana “a xefa”.

Alba Moledo Ucha

Alba Moledo Ucha

Alba Moledo Ucha (Pontevedra, 1994). Conta co Grao en Xornalismo e co Máster en Xornalismo Multimedia Profesional pola Universidade Complutense de Madrid, na que actualmente cursa estudos de doutoramento no eido da investigación en historia do xornalismo feminino, cunha tese doutoral que recupera a vida e a obra da xornalista María Luz Morales (A Coruña, 1890-Barcelona, 1980).

Comezou a súa formación laboral en Diario de Pontevedra en 2015 e, logo de sumar experiencia na Axencia EFE (bolsa EFE en EFE Empresas, Madrid), en La Voz de Galicia e no campo da comunicación, regresou a Diario de Pontevedra en 2019, medio no que traballa hoxe como xornalista e cobre información local dos municipios de Sanxenxo e Poio.

En 2020 debutou como columnista en Diario de Pontevedra, no que escribe unha columna semanal coa denuncia social, a perspectiva de xénero, a cultura galega ou a memoria das mulleres como centro da ollada crítica.

Twitter: @Alba_Moledo
Instagram: @moledoalba

Antía Paz

Antía Paz

Antía Paz é xornalista colexiada especializada en comunicación institucional e corporativa, e conta cunha ampla experiencia en márketing en liña e creación de contido orientado ao posicionamento web (SEO, polas súas siglas en inglés).

Durante os últimos anos traballou en proxectos europeos relacionados co urbanismo sostible e coa economía circular.

Actualmente colabora como columnista de opinión na revista Luzes. O nome da súa sección é “Failume”, en referencia ao alcume familiar que levan todas e todos os Paz “por ser especialmente rabudos”.

Twitter: @antia_paz
Instagram: @estacontaedeantia

Diana López Varela

Diana López Varela

Diana López Varela é xornalista e guionista. Traballou en prensa escrita, radio, televisión e cinema. En 2012 creou o blog Suspenso en Religión e en 2013 fíxose viral o seu artigo Mi coño, no que se opoñía ao anteproxecto da lei do aborto proposto polo Partido Popular. Desde entón, está vinculada ao activismo feminista e fai opinión en clave feminista.

Publicou os ensaios No es país para coños (2016, sete edicións) e Maternofobia (2019), ambos os dous editados por Ediciones Península. Dirixiu a obra de teatro breve No es país para coños e a curtametraxe Feminazi. Ademais, colaborou na novela ilustrada Voces que cuentan (Planeta Cómic, 2020).

Desde 2018 é coorganizadora do encontro As Mulleres que Opinan son Perigosas. Coescribiu o libro de entrevistas As mulleres que opinan son perigosas. Catro anos e unha pandemia despois xunto á súa compañeira Susana Pedreira. Actualmente dirixe o monólogo teatral A síndrome de Lis e colabora en Público.

Twitter: @DianaLovar
Instagram: diana.lovar

Laura Ferrero

Laura Ferrero

Laura Ferrero (Barcelona, 1984) é escritora, xornalista e guionista.

Publicou os libros de relatos Piscinas vacías e La gente no existe, e a novela Qué vas a hacer con el resto de tu vida, todos eles coa editorial Alfaguara. En marzo de 2023 publicarase Los astronautas, a súa nova novela.

Colaboradora no xornal El País e no programa La ventana, da Cadena SER. Na actualidade traballa como guionista para varios proxectos.

Twitter: @Lau_Ferrero
Instagram: @lauraferrero

María Guerra

María Guerra

María Guerra (Madrid, 1965) é xornalista e crítica cinematográfica. Desde 1996 ata febreiro de 2019 traballou na Cadena SER como xornalista de cinema. En 2010 creou o blog La Script, que evolucionou en 2011 a programa de radio na mesma emisora e se emitiu ata febreiro de 2019. Entre este ano e 2021 este blog deu o salto á televisión da man de Movistar Plus+, plataforma na que tamén codirixiu o programa Vermú.

Desde xaneiro de 2022 La Script é un podcast que se escoita e tamén se ve a través de YouTube e das redes sociais. María Guerra dirixe e presenta este novo proxecto audiovisual, no que se lles realizan entrevistas en profundidade a personalidades da industria do cinema. Colabora todas as semanas coa Sección de Cinema do matinal Cuerpos especiales, de Europa FM, presentado por Eva Soriano e Iggy Rubín desde setembro de 2021.

É presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España e membro da Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais. A Asociación de Mulleres Xornalistas de Cataluña concedeulle o Premio Boas Prácticas de Comunicación non sexista 2017 a La Script.

Twitter: @maguerram / @LaScript
Instagram: mguerramerino / la_script

María Martín Barranco

María Martín Barranco

María Martín Barranco, feminista impenitente e impertinente, motrileña sen acreditación e albondonera con papeis, é filla, irmá, nai, licenciada en Dereito e compañeira, nesta orde cronolóxica. Pragmática e chea de contradicións, amante das teorías feministas, preocupada pola práctica persoal do feminismo e pola dureza das consecuencias íntimas dos patriarcas interiores. É afeccionada desde nena aos dicionarios, ás palabras e aos medios de comunicación, nos que colabora de forma habitual. As súas especialidades profesionais son a avaliación de impacto de xénero, a análise e a detección de necesidades no ámbito da igualdade, e o desenvolvemento e a posta en práctica personalizada de medidas de igualdade de xénero en entidades públicas e privadas. Ten quince anos de experiencia como formadora en diversas áreas dos estudos de xénero para organismos públicos e privados, e grupos políticos, xudiciais e da sociedade civil en España e na América Latina. No últimos dez anos foi docente e conferenciante en diversas universidades españolas e mexicanas. Tamén participou como colaboradora en prensa, faladoiros e diversos programas radiofónicos.

Na editorial Los Libros de la Catarata publicou Ni por favor ni por favora. Cómo hablar con lenguaje inclusivo sin que se note (demasiado) (2019, cuarta edición) e Mujer tenías que ser. La construcción de lo femenino a través del lenguaje (2020, segunda edición). O seu último libro titúlase Punto en boca (esto no es un manual de lenguaje inclusivo).

Twitter: @generoenaccion
Instagram: @generoenaccion

Mara Torres

Mara Torres

Mara Torres (Madrid, 1974) é xornalista e escritora. Completou a súa formación de posgrao e doutoramento no Departamento de Lingua e Literatura. En 2008 comezou os estudos de Literatura Comparada na Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid.

Desenvolveu a súa traxectoria profesional na Cadena SER, onde dirixiu o programa Hablar por hablar entre 2001 e 2006, que se converteu en líder das noites radiofónicas. De aí pasou a TVE para presentar La 2 Noticias, que acumula máis de cento cincuenta galardóns e converteuse no informativo máis premiado de España.

Desde 2018 dirixe e presenta El Faro na Cadena SER, un programa nocturno, cuxa idea orixinal foi súa, que incorpora unha nova fórmula desenvolvida entre persoas convidadas e oíntes.

Entre outros recoñecementos, Mara Torres obtivo a Antena de Ouro e o Micrófono de Prata. En 2004 publicou o libro Hablar por hablar. Historias de madrugada, e en 2006, Sin ti. Cuatro miradas desde la ausencia (finalista ao IV Premio Setenil ao mellor libro de relatos), ambos os dous de non ficción. Foi finalista do Premio Planeta con La vida imaginaria (2012) e a súa última novela titúlase Los días felices.

Twitter: @maratorres_

Marta Peirano

Marta Peirano

Marta Peirano (Madrid, 1975) é xornalista, escritora e investigadora, e o seu traballo céntrase na relación entre tecnoloxía e poder. Foi fundadora do periódico ADN, da revista Campobase e dos proxectos “Copyfight”, “Cryptoparty Berlin” e “Hack Hackers Berlin”.

En 2015 volveu a España para traballar en elDiario.es, onde foi xefa de Cultura e Tecnoloxía e, nos dous últimos anos, adxunta á Dirección. Publicou libros sobre autómatas, sistemas de notación para máquinas escritas e formatos de produción colectiva. En 2015 publicou El pequeño libro rojo del activista en la red, un recurso imprescindible para xornalistas e o primeiro libro prologado por Edward Snowden. En 2019 publicou O inimigo coñece o sistema, un ensaio sobre o capitalismo de vixilancia no que conecta a nosa adicción ao móbil coa industria de extracción de datos e o seu papel como ferramenta de control e manipulación de masas. En 2019 foi elixido por The New York Times como un dos dez mellores libros publicados en castelán.

Colabora habitualmente con El País, La Sexta, elDiario.es e a revista de ciencia Muy Interesante, na que mantén unha columna desde hai máis dunha década. Conduce unha sección semanal sobre tecnopolítica en Las mañanas de RNE.

Fóra dos medios, Marta Peirano é membro do Consello Asesor da Bienal do Pensamento de Barcelona e do grupo de traballo para a ciberdefensa do Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional, o principal centro docente militar conxunto das Forzas Armadas españolas.

A súa charla TED titulada ¿Por qué me vigilan si no soy nadie? superou o tres millóns de visualizacións e o seu último libro titúlase Contra el futuro.

Twitter: @minipetite

Nuria Labari

Nuria Labari

Nuria Labari (Santander, 1979) é escritora e xornalista. Estudou Ciencias Políticas na Universidade do País Vasco e Relacións Internacionais no Instituto Ortega y Gasset.

Traballou en El Mundo, en Marie Claire e no grupo Mediaset, y actualmente escribe artigos de opinión en El País.

Escribiu o libro de contos Los borrachos de mi vida (Lengua de Trapo, 2009), gañador do VII Premio de Narrativa de Caja Madrid. En 2016 publicou a súa primeira novela, Cosas que brillan cuando están rotas (Círculo de Tiza), e en 2019 La mejor madre del mundo (Literatura Random House). A súa última novela titúlase El último hombre blanco (Literatura Random House, 2022).

A súa obra traduciuse ao inglés, ao romanés e ao sueco, e a súa vida profesional está ligada á transformación dixital dos medios de comunicación.

Twitter: @nuria_labari
Instagram: nurialabari

Paloma Rando

Paloma Rando

Paloma Rando, redactora, columnista e guionista de televisión. Opinión en El País.

Leva a tele dentro desde que naceu e protéxea con tanto celo que unha vez levou sen darse conta o mando a distancia á escola. Tivo que esperar uns anos para conseguir que fose a tele a que a tivese a ela dentro.

Estudiou comunicación audiovisual na Universidade Complutense e antes de terminar a carreira, en 2006, estreouse no medio. Foi na serie Con dos tacones (rtve), como meritoria de vestiario, departamento no que se curtiu durante varios anos e aprendeu os códigos, as dinámicas e o oficio das rodaxes pasando por series como Hospital central e Guante blanco, e traballando ás ordes de directores como Fernando Colomo (El pacto). Pero sempre quixera ser guionista e tras varios intentos infrutuosos –todo o mundo se preguntaba que demo facía a rapaza de vestiario pedindo probas de guion–, decidiu volver a estudar co fin de obter prácticas de guión nalgunha serie e tratar de quedarse. Meu dito, meu feito, o deus catódico bendiciuna de novo: comenzou a traballar como guionista en diferentes programas en 2011 e deu ol salto á ficción en 2012 con Luna, el misterio de Calenda (Antena 3).

Ao mesmo tempo esa atracción pola televisión levouna a comenzar un blog sobre series nese mesmo ano no daquela recén aberto Huffington Post. A partir dese momento comenzou a súa doble vertente profesional: escribe televisión e escribe sobre televisión. Formou parte algo máis dun lustro da equipa da revista Vanity Fair onde ademáis de escribir sobre televisión, aprendeu a abordar outro tipo de temas, a facer análises de diferentes acontecementos culturais, a entrevistar, a facer reportaxes e a algo esencial que non lles contan aos aspirantes a xornalista: a meter textos en páxina.

Compaxinou esa actividade co desenvolvemento de varios proxectos de series e a escritura dalgunha outra que se emitiu durante tan pouco tempo que lle parece que non existiu e saiu de Vanity Fair (revista á que hoxe segue vencellada) para formar parte da equipa de guión da segunda tempada de Señoras del (h)AMPA (Telecinco, Amazon). Pouco despois déronlle a oportunidade de empezar a escribir unha columna semanal sobre televisión en El País, diario onde tamén aborda outro tipo de asuntos cando llo permiten.

Nos últimos tres anos sobreviviu como soldado de fortuna, esto é como guionista autónoma, traballando para productoras como Alea media (para quen cocreu Urban, serie que se está rodando actualmente), Zeta Studios, Suma Content e Shine Iberia, entre outras. E nunca se levou o mando a distancia á oficina.

Twitter: @palomarando
Artículos El País: https://elpais.com/autor/paloma-rando-bejar/

Paula Montes Fernández

Paula MontesPaula Montes Fernández, xornalista, é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela e conta cun máster en Xornalismo Deportivo pola Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.

Tras dous anos traballando en Radio Marca Vigo, exerceu de xefa de prensa para o equipo Cometal Celta de Vigo FS na máxima categoría do fútbol sala nacional e, desde aquela, encárgase da información deportiva en Radio Vigo, da Cadena SER. Tamén traballa como xornalista na redacción de informativos da emisora.

Ademais, presenta o programa Vigo de cerca en TeleVigo co alcalde da cidade, Abel Caballero.

Twitter: @PaulitaMontes7

Rosa María Calaf

Rosa María Calaf

Rosa María Calaf (Barcelona, 1945) é xornalista e correspondente. Licenciada en Dereito e Xornalismo e cun máster en Institucións Europeas, foi a correspondente coa traxectoria máis longa en TVE, con vintecinco anos de carreira no exterior. Abriu a corresponsalía de Moscova, para a Unión Soviética, e a de Hong Kong, para Asia Pacífico. Foi correspondente en Nova York, para Estados Unidos e Canadá; en Bos Aires, para América do Sur; en Roma, para Italia e o Vaticano; en Viena, para os países do Leste; e na China durante o ano olímpico. Informou para TVE desde 93 países sobre política e economía, conflitos e catástrofes, cultura e sociedade.

Formou parte do persoal de TVE desde 1970 ata 2009 e foi membro do equipo fundador da Televisión de Cataluña, TV3, como directora de Programación e Produción.

Entre os galardóns que recibiu cómpre destacar: Ondas 2001 ao mellor labor profesional, Xornalista do Ano 2001 do Colexio de Xornalistas de Cataluña, Women Together das Nacións Unidas, Cirilo Rodríguez ao mellor labor no estranxeiro 2007, Toda unha Vida da Academia de Televisión, e Víctor da Serna 2008 da Asociación da Prensa de Madrid. En 2008 recibiu a distinción doutora honoris causa das universidades Rovira i Virgili (Tarragona) e Miguel Hernández (Elx).

Sindy Takanashi

Sindy TakanashiSindy Takanashi é creadora de contido para redes sociais e presentadora de programas en diversos formatos. Actualmente, presenta o podcast Queridas hermanas e copresenta Utameda, ambos os dous en Podimo.

É unha coñecida influencer feminista que ten máis de 266 mil seguidoras e seguidores en Instagram e que conseguiu sona desde 2018, conforme entraba no activismo feminista. Agora a súa conta está especializada nos problemas que lles atanguen ás mulleres e ás nenas polo feito de selo. Sindy é unha gran detractora de todo tipo de explotación do corpo das mulleres, incluída a explotación reprodutiva. A loita pola abolición da prostitución e contra o abuso sexual e todos os tipos de violencias machistas forma parte do seu contido en redes.

Presentou o programa de entrevistas Las uñas en Flooxer, ao que invitou mulleres tan diversas coma Rigoberta Bandini, Amelia Tiganus ou Ana Peleteiro.

Forma parte do Instituto YEM para a saúde integral da muller.

Twitter: @sindytakanashi
Instagram: @sindytakanashi

Susana Pedreira Buján

Susana Pedreira Buján

Susana Pedreira Buján (Vitoria-Gasteiz, 1983) é xornalista, licenciada na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou traballando en comunicación empresarial e institucional e en 2010 incorporouse á redacción de Onda Cero en Galicia.

Dirixe e presenta o programa local diario Más de uno Pontevedra desde hai trece anos. En setembro de 2015 asumiu a coordinación de Gente viajera de Galicia, un programa semanal centrado no turismo, no lecer, na cultura e na gastronomía. Ademais, desde 2016 forma parte da programación nacional de Onda Cero co programa Un alto en el camino, seis horas de directo nas mañás da fin de semana que cada verán se emite desde Pontevedra para todo o Estado.

É coautora do libro Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo (Editorial Galaxia), no que oito mulleres moi diferentes escriben sobre a súa experiencia ao redor da folga xeral e das mobilizacións do Día da Muller de 2018.

Formou parte do xurado de dous dos premios literarios máis prestixiosos de Galicia: o Xerais (2014) e o Torrente Ballester (2020). En 2017 e 2022 foi finalista nos Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de xornalismo cultural. Actualmente é comisaria dos premios literarios convocados pola Deputación da Coruña.

É cofundadora do congreso As Mulleres que Opinan Son Perigosas. En marzo de 2018 tivo lugar a primeira edición no Teatro Principal, o que converteu a Pontevedra durante dous días na capital do xornalismo de opinión con firma de muller, e en 2021 realizouse a cuarta edición. Un ano máis tarde publicouse o libro de entrevistas As mulleres que opinan son perigosas. Catro anos e unha pandemia despois, que resume a primeira edición do congreso con conversacións actuais protagonizadas por mulleres xornalistas.

Web: https://www.ondacero.es/programas/un-alto-en-camino/
Twitter: @SuPedre
Instagram: su_pedre